O Peixe Galego arranca a tempada con derrota na casa ante o Araberri (73-77)
Por Redacción
Estrea ligueira con derrota para o Marín Peixe Galego, que se viu superado polo Araberri vasco na primeira xornada da LEB Prata (73-77).
Os de Javi Llorente dominaron durante a primeira metade, pero víronse superados no tramo final do encontro nun choque moi igualado.
O primeiro cuarto arrancou con grande acerto ofensivo (26-24), unha faceta na que destacaron Rogers, con 19 puntos a pesar do seu pouco atino desde a liña de tres, e Antonio Pantín, con 17 puntos aos longo do partido.
O Peixe Galego, tras manter a súa vantaxe ao descanso, viu como o Araberri volteaba o electrónico no terceiro parcial (57-59).
No último e definitivo cuarto mantívose a igualade, aínda que os visitantes chegaron con vantaxe ao último minuto (72-74). Os de Marín tiveron unha posesión para empatar pero unha perda en ataque evitouno, sentenciando despois o Araberri dende o tiro libre.
Consulta aquí as estadísticas do partido.