Osíxeno para o Ribadumia ao vencer (2-0) ao Noia
Por Redacción
Sete xornadas despois o Ribadumia volve gañar. Non o conseguía desde o primeiro partido de liga e con dous empates e unha derrota xogando na Senra de pobre bagaxe como equipo local. Chegaba un recentemente ascendido como o Noia, capaz de gañar en O Roxo ao Cerceda, pero que non puido facer nada ante os aurinegros, que deixaron practicamente resolto o partido na primeira parte.
Juanjo inauguraba o marcador aos 20 minutos de xogo. As cousas complicábanse para o Noia pasada a media hora ao ver o segundo cartón amarelo o seu lateral Manu Queiruga, que deixaba aos seus en inferioridade.
Antes do descanso (minuto 40) o mozo Agus, que segue acertado ante a porta, facía o segundo, botando por terra as esperanzas do equipo coruñés.
Na segunda parte houbo ocasións, pero o marcador xa non se movería e o Ribadumia conseguiría unha vitoria para aliviar unha posición que empezaba a ser preocupante, abandonando os postos de descenso.
Relacionadas:
-
O Ribadumia deixa escapar a vitoria fronte a un Cerceda que remonta no último minuto (2-3)
Por Redacción |
-
O Ribadumia sae do descenso ao empatar en Vilalba (1-1)
Por Redacción |
-
Acéndense as alarmas para o Ribadumia ao caer en Cangas (3-1)
Por Redacción |
-
Agus salva un punto para o Ribadumia nos minutos finais
Por Redacción |