Sanxenxo prepárase para recibir a testemuña de Pontevedra como centro de atención do tenis nacional
Por Redacción
Mentres Pontevedra goza coas roldas decisivas do seu IV Torneo Internacional Junior ITF, que concluirá o vindeiro domingo 18 de outubro coas finais masculina e feminina, Sanxenxo prepárase para recoller a testemuña.
O Círculo Cultural Deportivo (CCD) será escenario, desde o mesmo domingo 18 e ata o día 25, do torneo junior con categoría ITF máis antigo de España.
Ademais a cita, na súa XIV edición, estrea categoría tras ser ascendido a Grado 2 pola Federación Internacional.
Con máis de 900 inscritos a competición superou as súas previsións, o que augura un alto nivel tenístico entre os 256 xogadores que saltarán á pista durante as xornadas que dure o torneo.
Pero Sanxenxo non se converterá en referencia do tenis nacional durante uns días só polo torneo junior, e é que o CCD acollerá inmediatamente despois a oitava edición do Torneo Internacional Cadete, no que participarán 300 promesas do deporte da raqueta.
Relacionadas:
-
O Mercantil acolle os primeiros partidos do cadro final no Internacional Junior de Tenis
Por Redacción |
-
Os Rafa Nadal e as Serena Williams do futuro exhíbense no paseo de Montero Ríos
Por Diego Torrado |
-
O Torneo ITF de Tenis de Sanxenxo sobe de categoría
Por Redacción |
-
Alex de Miñaur e Lana Slavica triunfan no XIII Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo
Por Redacción |