Derrota do Club Voleibol Pontevedra en Ourense, a primeira da tempada
Por Redacción
Non logrou un resultado positivo o Club Voleibol Pontevedra no seu primeiro desprazamento da tempada. As pontevedresas non puideron superar ao Caldaria VoleyOurense e caeron derrotadas por tres sets a un.
Foi un partido intenso e igualado entre os dous conxuntos.
As ourensás impuxéronse nos dous primeiros sets por 25-20 e un axustado 26-24, pero o Club Voleibol Pontevedra repúxose e acurtou distancias no terceiro parcial cun 23-25 ao seu favor.
Pero o cuarto set foi definitivo, xa que o conxunto local superou ás pontevedresas por 25-21.
Con este resultado, o Club Voleibol Pontevedra leva unha vitoria e unha derrota nesta nova tempada na Primeira División galega.