O Leis Marcón vese superado na casa polo Unami (1-3)
Por Redacción
Agridoce derrota do Leis Marcón na visita a Pontevedra do Unami CP (1-3).
As pontevedresas encaixaron unha nova derrota pero despregaron bo xogo e contaron con opcións ata case o último minuto.
Comezou dominando o Leis, pero foi o equipo visitante o primeiro en adiantarse aos 6 minutos, cun gol de Laura. Con todo a alegría durou pouco e Anita poñía a igualada no marcador menos dun minuto despois.
As xogadoras do Leis continuaron dominando pero sería o Unami o que marcaba de novo, antes do descanso.
Na segunda metade o empate estivo preto pero o que chegou foi a sentenza das vistantes no minuto 38.
Esta derrota deixa ao Leis Marcón na décima praza da Segunda División Feminina con tres puntos.