O Galaico Sincro inicia unha nova tempada competindo en Madrid
Por Redacción
Primeiro compromiso da tempada para o Galaico Sincro e con boas sensacións.
O club pontevedrés foi o único galego en tomar parte da primeira xornada da liga Open de Figuras Técnicas de Sincronizada da Federación Madrileña, onde se mediu a algún dos clubs máis potentes da natación sincronizada nacional.
A pesar diso o Galaico conseguiu colocar a dous das súas nadadoras entre as dez primeiras clasificadas, ademais dun décimo posto infantil por idades e e un undécimo posto en categoría xuvenil.
O obxectivo da entidade pontevedresa era preparar a tempada galega de competicións, co aliciente de participar nunha das ligas máis competitivas, xunto á catalá, do estado.
O equipo do Galaico formárono: Sara Fernández, Paula Riveiro, Laura Tilve, Lola Gómez, Paola Piñeiro, Sara Marescot, Lara Corbacho, Candea Seoane, Alexandra Piñeiro, Begoña Ferrer, Elisa Seoane e Laura Arias.