O ascenso á Primeira División, reto para o equipo feminino da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
Despois de quedar a pasada tempada a só un paso do ascenso á Primeira División do atletismo nacional, ao ser terceiras na final de Segunda División en Soria, o equipo feminino da Sociedad Gimnástica volverao a tentar.
Ese é o obxectivo da entidade pontevedresa este ano para o conxunto feminino, conseguir o salto de categoría. Para iso mantén a gran parte das súas deportistas, ao que se suman varios reforzos e atletas que soben desde o equipo cadete, que o pasado ano disputou o Campionato de España.
Entre as altas volve á Gimnástica Loreto Brea (martelo) tras o seu paso polo Ría de Ferrol. Ademais os responsables técnicos do equipo apostan pola junior Xiana González como un revulsivo nas probas de velocidade.
Tamén supoñerán un complemento ao equipo as triatletas Camila Alonso e Joselyn Brea nos 3.000 e os 1.500 metros.
En canto ás atletas de casa, a Gimnástica deixa reservado algún sitio para as novas promesas do equipo cadete e junior, que en función das marcas que logren ao longo da tempada irán entrando no equipo.
Relacionadas:
-
Primeiras mínimas nacionais para os atletas da Gimnástica
Por Redacción |
-
Atapuerca, estrea da tempada de campo a través para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Reforzos para o equipo de División de Honra da Gimnástica
Por Redacción |
-
O campo a través e as carreiras populares, primeira citas na tempada da Gimnástica
Por Redacción |
-
O ascenso escápase por só tres puntos para o equipo feminino da Gimnástica
Por Redacción |