Pontevedra Rugby Club e Mareantes inician a liga con derrota
Por Redacción
Duro inicio de liga para os equipos pontevedreses, na Primeira Territorial do rugby galego.
Ambos, Mareantes e Pontevedra Rugby Club, encaixaron contundentes derrotas no seu primeiro compromiso oficial da tempada.
Na casa xogou o Mareantes ante o Campus Ourense, véndose superado por un claro 7-50 ante un dos aspirantes ao título autonómico.
Pola súa banda o PRC visitou a outro dos favoritos, o Club Rugby Ferrol, un equipo que se reforzou este ano con varios xogadores foráneos coa intención de pelexar pola liga.
O resultado foi un contundente 71-10 para o equipo da cidade departamental.
Na próxima xornada o Pontevedra Rugby buscará resarcirse na casa ante o Lalín, mentres o Mareantes visitará o campo dos Ingleses de Vilagarcía, equipo que descansou a pasada fin de semana.
Relacionadas:
-
Primeiro triunfo en liga do Pontevedra Rugby Club e nova derrota do Mareantes
Por Redacción |
-
Mareantes e Pontevedra Rugby Club afinan a súa preparación ante o inminente comezo de liga
Por Redacción |
-
A nova mutua, unha dor de cabeza para o rugby pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
O Mareantes busca novos membros para a súa familia
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club sae á rúa na busca de novos talentos
Por Redacción |