Natación inclusiva na piscina de Pontemuiños
Por Redacción
O Club Natación Galaico, o Instituto Municipal de Deportes e a empresa Supera renovaron o convenio de colaboración que permitirá aos usuarios da asociación de persoas con dano cerebral Amencer-Aspace acceder á práctica deportiva no o complexo de Rías do Sur.
O obxectivo deste convenio é faciclitar o acceso a prácticas deportivas a calquera persoa que conte con algunha discapacidade.
Dentro do acordado, o Natación Galaico encargarase de sufragar o aluguer dunha das piscinas de Pontemuiños, de 13x6 metros, con auga de alta temperatura.
Aínda que a renovación do acordo ten de duración ata xuño de 2016, a intención de todas as partes é poder mantelo en vixencia durante longo prazo.