Marín Peixe Galego leva un derbi espectacular derrotando ao Xuven Cambados (97-95)
Por Redacción
Emoción ata a bucina final. O derbi volveu caer, por quinta edición consecutiva, ao lado marinense nun partido espectacular, cos dous equipos por encima do 50% en tiros de campo e superando a centena de valoración. Os de Javi Llorente logran o seu quinto triunfo e engánchanse á parte alta da clasificación mentres Xuven Cambados segue sen conseguir vencer a domicilio.
Foi un partido no que a efectividade ofensiva impúxose ás defensas, con ambos os equipos rozando o centenar de puntos, como consecuencia da facilidade para atopar o camiño do aro contrario. O 26-19 con que finalizou o primeiro cuarto viuse ampliado ata os dez puntos no ecuador do segundo acto (42-32), pero Xuven Cambados reaccionaría para meterse no partido e deixar un curto 51-48 ao descanso.
O regreso á pista viu a un Xuven Cambadois que a base de triplos conseguían darlle a volta ao marcador (62-63). Eran os mellores minutos dos visitantes, que lograban irse ata de seis puntos e afrontaban o últimos oito minutos con cinco de renda (75-80).
Marín Peixe Galego levantaba o partido e á súa afección cun 12-2 que lles daba de novo o mando (87-82), pero Cambados non baixaba os brazos e enchía de emoción o choque (91-90 a 36 segundos do final). Javonte Green explotaba A Raña cun mate tras rebote ofensivo e o partido ía á liña de persoal, desde onde Marín remataba.
A espectacularidade do partido viuse reflectida en que nada menos que cinco xogadores fóronse por encima dos vinte de valoración. O máis destacado, o local Javonte Green, que asinou 18 puntos, 9 rebotes, 5 recuperacións e 28 de valoración.
Relacionadas:
-
Green e Rogers lideran a un soberbio Marín Peixe Galego no ensaio para a final copeira (101-80)
Por Redacción |
-
O Peixegalego saborea o seu mellor momento na LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Marín Peixe Galego remonta para gañar no último cuarto (81-90) a Ciudad de Valladolid
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego espera ao final para sentenciar ao pechacancelas Viten Getafe (65-74)
Por Redacción |
-
Gabo Rogers e Javonte Green conducen á vitoria a Marín Peixe Galego sobre Basquet Tarragona (81-66)
Por Redacción |
-
Fundación Lucentum domina e vence con autoridade ao Marín Peixe Galego (83-64)
Por Redacción |