Derrota con polémica final do Ribadumia (1-2) ante Rápido de Bouzas
Por Redacción
Dous puntos dos últimos quince posibles. Cinco xornadas sen coñecer a vitoria. O Ribadumia segue nunha perigosa costa abaixo, máis de resultados que de xogo, que lle leva a compartir a última praza co Ribadeo, tras sufrir un novo revés, nesta ocasión fronte ao Rápido de Bouzas, nun partido no que ambos os equipos dispuxeron de claras ocasións, e no que a repartición de puntos sería o máis xusto.
Aínda por riba, o Ribadumia, que fixo un partido aceptable, viuse gravamente prexudicado nunha acción ao límite do tempo regulamentario que debeu significar o tanto do empate, cun gol pantasma en remate de Silva ao que o colexiado non deu validez por estimar que o balón non traspasara por completo a liña de meta, cando a impresión xeral é que entrara.
Os visitantes saíron con forza e estiveron a piques de marcar case na primeira xogada. Faríano aos seis minutos nunha falta frontal lanzada por Carlos Pereira, que entrou polo centro, nunha acción pouco acertada do meta local Manu Táboas.
Con alternativas no dominio e ocasións para ambos os equipos transcorreu a primeira parte.
Na segunda avisaba Changui ao rematar de cabeza á cruceta con Sergio Ríos batido, ata que o mesmo Changui, ao fío da hora de xogo, fabricaba un penalti cometido por Martín Barreiro, que el mesmo encargouse de transformar.
Con todo os de Jorge Otero non tardaron en reaccionar e aproveitarse dunha nova indecisión da defensa local, facendo o gol da vitoria, de novo por medio de Carlos Pereira, en xogada de Antón Vilas.
O Ribadumia dominaba co Rápido buscando o contraataque, ata esa última xogada co remate de Silva, que o árbitro non deu como gol, deixando aos de Sierra nunha delicada situación.
Consulta aquí a acta do partido.
Relacionadas:
-
A síndrome dos últimos minutos volve atacar ao Ribadumia en Redondela (2-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia deixa escapar os puntos ao permitir a remontada do Barbadás (1-2)
Por Redacción |
-
Ribadumia e Selección Galega empatan na Senra (1-1)
Por Redacción |
-
O Barco aproveita a expulsión de Giti para dobregar ao Ribadumia (2-0) nos últimos minutos
Por Redacción |
-
Repartición de puntos que sabe a pouco a Ribadumia e Bergantiños (2-2)
Por Redacción |