A Escola Xadrez Pontevedra repite subcampionato de España por equipos sub-16
Por Redacción
Será difícil que un equipo galego, cos mesmos xogadores, volva conseguir o que fixo a Escola Xadrez Pontevedra (EXP) na categoría sub-16.
Por terceiro ano consecutivo, o equipo do club pontevedrés subíu ao podio do Campionato de España da categoría, repetindo o subcampionato do pasado ano.
Alberto Portela, David García, Pablo Vidal e Bernardo Rebollo defenderon á Escola Xadrez en Benidorm, protagonizando un irregular torneo, pero mostraron o seu mellor cara nas roldas definitivas.
O máis destacado foi Portela, mellor xogador do torneo ao facer 6,5 puntos de 7 posibles.
A Escola Xadrez gañou as dúas primeiras roldas a Promesas de Valladolid e Tres Cantos, pero despois fixo táboas contra o Lorca e perdeu ante Santa Ana.
Tras os tropezos, o EXP repúxose para gañar a Basilio por 4-0, aos finalmente campións de Peona i Peó (3-1) e a Almansa, que chegaba á última xornada como líder (3,5-0,5), confirmando o seu subcampionato.