Xogadores de 11 países converten o Memorial Ramón Escudeiro nunha referencia internacional
Por Diego Espiño
O Hotel Galicia Galicia Palaceserá escenario desde a próxima fin de semana do IV Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez.
Na súa cuarta edición a competición organizada pola Escola Xadrez Pontevedra é máis internacional que nunca, con máis de 160 xogadores inscritos de 11 países.
O torneo desenvolverase "nun formato moi comprimido", explicó o seu director Pablo García, con nove roldas en só cinco días, desde o 26 ata o 30 de decembro.
Entre os inscritos figuran sete grandes mestres internacionais, sete mestres internacionais, cinco mestres da Federación Internacional e dous candidatos a mestre, ademais de 14 persoas con deficiencia visual que competirán en igualdade de condicións cos demais participantes.
A entrada para o público será de balde e unha vez máis a competición será retransmitida por streaming a través da páxina web da Escola Xadrez Pontevedra, unha iniciativa que tivo gran aceptación en edicións anteriores.