Punto con sabor a vitoria para o Poio Pescamar na súa visita ao Valdetires (3-3)
Por Redacción
Repartición de puntos no derbi galego entre Valdetires Ferrol e Poio Pescamar, nun partido marcado polas alternativas no xogo e o en marcador, que mereceu gañar o equipo rojillo, máis ambicioso que o seu rival.
O Poio comezou dominando ante un Valdetires Ferrol que optaba por esperar en cancha propia e tratar de sorprender ao contragolpe con balóns en longo. A pesar dese dominio, serían as locais quenes se adiantaban aos 7 minutos, cun disparo desde propio campo de Erika que sorprendía a Yarie.
Logo viría un minuto de tolemia no que chegarían tres novos goles. Primeiro o Poio dáballe a volta ao marcador, con goles de Pipi e Jennifer, en senllas transicións ofensivas tras recuperacións de balón. Logo Valdetires lograba nivelar outra vez a balanza, por medio de Arable, nun exercicio de acerto ao transformar case as dúas únicas ocasións creadas.
Na segunda parte, o Poio tratou de intensificar o seu dominio ante un equipo ferrolán que se aferraba ao seu acerto na finalización e á súa férrea defensa. E case lle dá resultado, xa que a falta de cinco minutos para o final, Arabel no segundo pau facía o 3-2, que obrigaba ao Poio a optar polo xogo de cinco.
Sacou proveito o equipo visitante, que conseguía un merecido empate, cun tanto de Yoli, que lles dá un excelente punto, con sabor a unha vitoria que mereceron ante un Valdetires que se conformou coa repartición de puntos.
VALDETIRES FERROL (3): Iria; Alba García, Alba Permuy, Lidia, Sheila -cinco inicial-, Diana, Andrea, Erika, Arabel, Jennifer, Belén e Nerea (p.s.).
POIO PESCAMAR (3): Yarie; Jenny, Charo, Claudia, Nere Moldes -cinco inicial-, Yoli, Jessy, Pipi, Suki, Ale e Elena.
Goles: (1-0) Minuto 7: Erika. (1-1) Minuto 8: Pipi. (1-2) Minuto 8: Jenny. (2-2) Minuto 9: Arabel. (3-2) Minuto 35: Arabel. (3-3) Minuto 38: Yoli.
Incidencias: Pavillón de Esteiro. Preto de 100 espectadores.
Relacionadas:
-
Sofre o Poio Pescamar para conseguir tres puntos de ouro ante Rioja FSF (3-1)
Por Redacción |
-
Fin ao descanso para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O sorteo emparella ao Poio Pescamar co Ourense Envialia en semifinais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Vitoria do Poio Pescamar ante o Leis Marcón que vale o pase a semifinais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para Poio Pescamar á conta do Móstoles FSF (4-1)
Por Redacción |
-
Un final de ano repleto de partidos para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Non crea perigo o Poio Pescamar na súa visita ao Jimbee Roldán (1-0)
Por Redacción |