Un final de ano repleto de partidos para o Poio Pescamar
Por Redacción
Cinco derrotas consecutivas na liga, dúas delas despois do parón de seleccións, son unha laxa que empeza a pesar no Poio Fútbol Sala.
O cadro vermello céntrase xa en mellorar os seus números na recta final de ano, na que afrontará dous choques ante rivais directos na zona media-baixa da Primeira División.
O equipo adestrado por Jorge Basanta tratará primeiro de romper a dinámica negativa o vindeiro sábado na visita do Móstoles ao pavillón da Seca (18:30 horas), un rival que marcha décimo con 12 puntos, tres máis que o Poio.
Unha semana máis tarde o último enfrontamento oficial do ano levará ás vermellas ata Ferrol para xogar ante un Valdetires que é undécimo con dez puntos.
Non serán o únicos compromisos do Poio Fútbol Sala o final de ano, no que se afanan por recuperar as boas sensacións de inicio de tempada. Ademais afrontarán dous partidos da fase de grupos da Copa Xunta, o mércores 16 ante o Burela a domicilio e contra o Leis Marcón na casa, o martes 22 de decembro.
Relacionadas:
-
Punto con sabor a vitoria para o Poio Pescamar na súa visita ao Valdetires (3-3)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para Poio Pescamar á conta do Móstoles FSF (4-1)
Por Redacción |
-
Non crea perigo o Poio Pescamar na súa visita ao Jimbee Roldán (1-0)
Por Redacción |
-
O líder non dá opción ao Poio Pescamar (0-4)
Por Redacción |