O Motobike Galaico Pontevedra nace como "un proxecto que aposta pola base" do tríatlon
Por Diego Espiño
Despois de "más de un año intentando buscar un proyecto único, bonito y duradero", o Club Natación Galaico e o Tríatlon Motobike presentaron este luns o proxecto que nace da unión de ambos os clubs, o Motobike Galaico Pontevedra.
A entidade nace con 65 licenzas federativas, 35 en categorías inferiores e 30 na absoluta, coa idea de seguir crecendo en "un proyecto que apuesta por la base", explicou o adestrador Pablo Expósito.
"La escuela de triatlón estará vinculada al club de natación donde todos los niños podrán practicar ambos deportes", explicou, de tal forma que "hasta los 17 años todos los deportistas que hagan triatlón harán también natación".
Rías do Sur, pero tamén a Illa das Esculturas ou o Pontillón do Castro serán escenario dos adestramentos dun club que pretende "crear una escuela fuerte para en el futuro tener un equipo absoluto más fuerte todavía", completou Cristian Fernández na presentación da nova entidade, á que asistiu en condición de padriño Javier Gómez Noya.
O pentacampeón do Mundo sinalou que "creo en esta filosfía. Es el camino a seguir para que en el futuro haya grandes campeones, aunque el objetivo sea formar personas y deportistas".
O Motobike Galaico traballará con nenos desde os 7 aos 17 anos nas categorías de base, nas que centrarán boa parte da súa preparación na natación completando os seus adestramentos coas demais rutinas do tríatlon.
A presentación do novo club desenvolveuse na biblioteca do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontemuiños.