Mes e medio de baixa para Pablo Dapena tras ser operado con éxito en Montecelo
Por Diego Espiño
Despois de pechar unha tempada de altibaixos e complicacións, Pablo Dapena pasou este luns polo quirófano para poñer fin aos problemas físicos que arrastraba.
O triatleta pontevedrés foi operado con éxito no Hopistal de Montecelo dunha hernia inguinal, que lle impedía desde hai meses render ao 100% na carreira a pé.
Esta intervención trastornou os seus plans en canto a preparación, posto que "hasta volver a empezar a entrenar con normalidad pasará mes y medio" recoñeceu o propio Dapena a PontevedraViva tras a operación.
Afastado da concentración en Canarias, á que tiña previsto acudir xunto a Javier Gómez Noya, Pablo afronta agora unha "larga recuperación" tras a que iniciará a súa posta a punto.
Ya en la habitacón, después de la operación. Todo bien...Desde hoy comienza una larga recuperación.
— Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) January 11, 2016
O obxectivo pasa por reengancharse canto antes a unha tempada que está a piques de comezar e na que aspira a seguir progresando no ránking internacional.