Marín será sede en setembro do Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño
A Milla Urbana San Miguel de Marín vivirá unha edición única en 2016, cando se cumpren 19 anos da súa creación.
A Real Federación Española de Atletismo concedeu ao Club San Miguel a organización do VIII Campionato de España de Milla en Ruta Absoluto e de Veteranos.
Así o decidiu a asemblea federativa reunida a pasada fin de semana para aprobar o calendario competitivo do ano 2016.
A proba celebrarase o 24 de setembro reunindo nas rúas de Marín aos mellores especialistas nacionais nesta distancia.
Entre eles, salvo contratempo, estarán o local Víctor Riobó, medallista os tres últimos anos, ou a atleta afincada en Cangas Solange Pereira, actual campioa nacional.
Relacionadas:
-
Solange Pereira agranda a súa lenda en Marín nun espectacular Campionato de España de Milla
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
600 atletas converterán o Campionato de España de Marín nunha "milla de ensueño"
Por Diego Espiño |
-
Marín prepara unha xornada de "festa do atletismo" co Campionato de España de Milla en Ruta
Por Diego Espiño |
-
Víctor Riobó e Solange Pereira cumpren os prognósticos na XVIII Milla Urbana San Miguel
Por Diego Torrado |
-
Víctor Riobó proclámase, por terceiro ano consecutivo, subcampión de España de milla en ruta
Por Redacción |