Grupo Covadonga aprovéitase da mala posta en escena do Cisne (32-29)
Por Redacción
Pagou moi caro o Cisne a súa mala posta en escena no partido fronte a Grupo Covadonga. Os xixoneses conseguiron pronto unha cómoda vantaxe de cinco goles, que souberon administrar a pesar da melloría pontevedresa na recta final do partido que unicamente serviu para maquillar o resultado e deixalo nese apertado 32-29 final, enganoso de xeito evidente, xa que os de Edín Covelo en ningún momento tiveron opcións.
Os pontevedreses chegaban coa intención de puntuar para abrir distancia cos postos de descenso. Non o conseguiron e aínda por riba perderon ao seu porteiro, Pablo Galán, que se resentíu da lesión que arrastraba e que lle converte en seria dúbida para o transcendental partido da próxima semana no CGTD fronte ao Handbol Bordils.
Ese foi precisamente un dos puntos debiles do Cisne. Nin Pablo Galán nin o seu substituto Juanjo Novás puideron achegar ao equipo, cunha escasa porcentaxe de paradas que lastrou o xogo pontevedrés.
Aínda por riba, o Cisne volveu acusar a súa falta de acerto nos lanzamentos de sete metros, fallando os catro primeiros penaltis dos que dispuxo.
Grupo Covadonga foi sempre por diante no marcador. Aos 11 minutos os asturianos xa gañaban de cinco (9-4), diferenza que manterían ata o descanso (17-12) e que poñía de manifesto que se o ataque visitante non funcionaba, a defensa tampouco conseguía parar aos lanzadores asturianos, dirixidos por Samuel Pérez, autor de 10 goles.
Lonxe de mellorar o escenario, os comezos da segunda parte certificaron a vitoria local. O Cisne perdía definitivamente a Pablo Galán e o equipo local escapábase ata os nove goles de vantaxe, no minuto 38 (23-14).
Esa diferenza mantívose ata que, tirando de orgullo e amor propio, o Cisne logrou na recta final maquillar o resultado cun parcial de 1-6, sempre sen opcións de puntuar, para deixar o marcador no 32-29 final.
Relacionadas:
-
Bidasoa acredita a súa condición de líder e sentenza ao Cisne no primeiro tempo (21-35)
Por Ramiro Espiño |
-
Alarcos Ciudad Real aprovéitase de doce minutos malos do Cisne (29-27)
Por Redacción |
-
Patinazo do Cisne que deixa escapar unha final fronte a Handbol Bordils (26-27)
Por Redacción |
-
Juanfersa Gijón especialízase en aproveitar a bisoñez do Cisne (26-30)
Por Ramiro Espiño |
-
Dúas caras dun Cisne que se afunde na segunda parte en Alcobendas (30-23)
Por Redacción |
-
Partidazo do Cisne para remontar en La Roca del Vallés (27-32) e afastar o descenso
Por Redacción |