O Leis Marcón recupera a súa mellor versión para vencer a domicilio ao Chiloeches (2-5)
Por Redacción
Importante triunfo a domicilio do Leis Marcón na súa visita á cancha do Chiloeches de Guadalaxara (2-5), onde recuperou a versión que vén mostrando con máis frecuencia en 2016.
O conxunto pontevedrés repúxose ao tanto inicial das locais, nun erro na saída de balón no primeiro minuto de xogo, e igualou con rapidez, no cinco, cun gol de Ali.
Nunha primeira metade igualada, o Leis conseguía poñerse por diante antes do descanso grazas a unha xogada de estartegia culminada por Lucía, no 17, e poñer o 1-3 un minuto despois por medio de Carla nunha rápida transición.
Na segunda metade o Chiloeches tentou reaccionar xogando de inicio de cinco, unha táctaica que a pesar da resistencia pontevedrsa deu resultado no minuto 32 co 2-3.
Con todo, ao gol reaccionou o Leis con dous tantos máis para sentenciar o choque, marcados por Paloma e Lucía nos minutos 33 e 36 respectivamente.
A vitoria permite ás xogadoras adestradas por Edu escalar un posto na clasificación da Segunda División Feminina de fútbol sala, colocándose na undécima praza con 11 puntos.