Sanxenxo apúntase ao tríatlon de media distancia
Por Diego Espiño
Despois de dúas exitosas edicións de Tríatlon Rías Baixas, Sanxenxo dá un paso máis na súa aposta polo tríatlon e pon as súas miras na media distancia.
Así nace o 113 Swim Ride Run Sanxenxo, que se celebrará o vindeiro domingo 1 de maio con saída na praia de Silgar e transicións na zona do Real Club Náutico.
A cita, organizada por Concello, Federación Galega de Tríatlon, Lodeco e Championchipnorte, espera contar cunha participación próxima ao medio milleiro de deportistas.
Todos eles afrontarán, desde as 8:00 horas en que partirá a proba masculina (8:10 horas a feminina), 1.900 metros de natación na praia de Silgar, 90 quilómetros en bicicleta por un circurito que lles levará ata A Lanzada (4 voltas), e 21,1 quilómetros a pé con catro voltas a un circuíto ata Portonovo polos paseos marítimos.
A inscrición, limitada a 500 deportistas, pode formalizarse na páxina www.championchipnorte.com.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena e Sonia Pariente triunfan no primeiro 113 Swim Ride Run
Por Diego Torrado |
-
Operativo de tráfico en Sanxenxo con motivo do tríatlon de media distancia
Por Redacción |
-
Sonia Pariente, Cristóbal Dios ou Miki Acosta, entre os inscritos para o 113 Swim Run & Ride
Por Redacción |
-
O GV Sports arrinca con forza a tempada de dúatlon en Guitiriz
Por Redacción |
-
Deporte do bo en Sanxenxo co II Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño & Diego Torrado |