O Pontevedra Rugby Club cede nun bo partido ante o líder e o Mareantes gaña a Lalín
Por Redacción
A falta de dúas xornadas para que conclúa a liga regular na Primeira Territorial Galega, o Pontevedra Rugby Club caeu á sexta praza, que lle obrigaría a xogar a promoción pola permanencia, tras perder derrota na súa visita ao intratable líder, Campus Ourense (27-0).
Os pontevedreses, pese ao marcador final, realizaron un bo partido no medio de adversas condicións climatolóxicas pero terminaron cedendo ao empuxe e poderío local, que ensaiou en cinco ocasións.
Pola súa banda o Mareantes Hifas da Terra asinou un axustado triunfo en Monte Porreiro ante o Lalín (17-13), nun partido que comezou de maneira fulgurante cun ensaio pontevedrés ao minuto de xogo, por medio de Juancho.
Bravo, de novo Juancho e Jaime cunha transformación ampliaron o marcador ata os 17 puntos ao descanso por tres de Lalín por un golpe de castigo. O cadro dezano mellorou tras o descanso e quedou preto de remontar, pero o Mareantes conseguiu aguantar e asinar un triunfo que lle afianza na terceira praza.
A próxima xornada o PRC recibirá en casa a Os Ingleses mentres Mareantes xogará no campo do Muralla de Lugo, antes de pechar a liga regular co derbi pontevedrés o día 19 de marzo.
Relacionadas:
-
O PRC repite triunfo no derbi pontevedrés ante Mareantes (13-19)
Por Redacción |
-
Vitoria ante Os Ingleses e salvación dun Pontevedra RC que mira xa cara o play-off
Por Redacción |
-
Un decimado Mareantes non pode co CR Ferrol (29-0)
Por Redacción |
-
Triunfo vital do Pontevedra Rugby Club ante o Muralla de Lugo (20-15)
Por Redacción |