Os últimos minutos castigan ao Marcón cunha inxusta derrota en Lalín (2-0)
Por Redacción
Mereceu mellor sorte o Marcón Atlético na súa visita a un necesitado Lalín (2-0), que terminou levando os puntos en xogo nos minutos finais.
Os pontevedreses foron mellores e contaron con ocasións para adiantarse no marcador, pero faltou eficacia nos metros finais. A pesar diso o cadro local, consicente do moito que se xogaba, esperaba a súa oportunidade.
O choque púxose de fronte para o Marcón coa expulsión dun xogador do Lalín no 69. Foi entón cando buscou con máis intención o gol do triunfo, pero o que chegaría sería, a falta de catro minutos, o tanto dos locais, por medio de Dani Reboredo.
Os de Carlés tamén quedaron entón con dez pola expulsión de Sapi, pero lanzáronse á desesperada a por o empate, aínda que o que chegaría sería a sentenza, no tempo de desconto, nunha contra culminada por Andrés.
Tras a derrota o Marcón queda na undécima praza da Preferente con 39 puntos.
Consulta aquí o acta do partido.