Duras derrotas para Leis Feminino e ADFS Bueu
Por Redacción
Non tivo o seu mellor tarde o Leis Marcón na visita ao Municipal de Pontevedra do Soto del Real. As pontevedresas encaixaron unha severa derrota (1-8) nun duelo máis parello do que reflectiu o marcador final.
O Leis plantou cara ao seu rival, pero cada erro foi castigado polas visitantes, que chegaron ao descanso cunha renda de catro goles (0-4).
Saíu mellor o cadro local nos primeiros minutos do segundo tempo, encerrando ao Soto del Real, pero un tanto en propia meta pechou as esperanzas de remontada. As visitantes marcharon entón ata o 0-8 e as pontevedresas só conseguirían o gol da honra a falta de dous minutos para o final.
Tras este resultado o Leis Marcón queda na novena posición da Segunda Feminina con 17 puntos.
O ADFS BUEU, LONXE DA PERMANENCIA
Tampouco lle foron ben as cousas ao ADFS Bueu na Segunda B Masculina, ao perder na súa cancha ante o Mosteiro Bembrive (1-6).
As baixas, con tan só cinco xogadores senior dispoñibles, foron unha laxa demasiado pesada para os de Javi Santos. Mantiveron o tipo na primeira metade, pero baixaron o rendemento tras o descanso para terminar sufrindo unha goleada.
A permanencia queda agora moi difícil para o Bueu, que é pechacancelas da competición con 13 puntos.
Relacionadas:
-
O Leis vence ao Ventorrillo, o Leis Marcón empata e o ADFS Bueu segue sen reaccionar
Por Redacción |
-
O Leis Pontevedra presenta á súa familia ante a cámara
Por Redacción |
-
O Leis deixa escapar dous puntos ao empatar na casa (4-4) co Esteo
Por Redacción |
-
Triunfo de nivel do Leis Marcón ante o Ciudad de Alcorcón (4-2)
Por Redacción |