O medio maratón Maralba cambia Cambados por Sanxenxo
Por Redacción
Dous anos despois do seu nacemento, e tras non realizarse en 2015, o medio maratón Maralba contará con segunda edición, aínda que cun cambio importante.
Se a proba naceu para unir as localidades do Grove e Cambados, alternando segundo o ano a saída e meta da proba, agora Sanxenxo é a que toma a testemuña de Cambados.
Deste forma o percorrido costeiro, que confían sexa homologado pola Federación Española, iniciarase de novo no Grove para finalizar esta vez no Paseo de Silgar. Será o domingo 22 de maio.
As inscricións para a carreira, denominada agora Maralbatur, poden formalizarse ata o 18 de maio na web www.prueba-t.es, cun custo que nunha primeira fase, ata o 30 de marzo, será de 12 euros, nunha segunda de 15 euros (ata 30 abril) e na terceira e última de 18 euros.