Boa estrea do medio maratón Maralba con Manuel Hurtado e Vanessa Veiga como vencedores
Por Redacción
Os prognósticos deportivos cumpríronse na estrea do medio maratón Maralba Running Fest entre O Grove e Cambados, celebrado na mañá deste domingo.
Manuel Hurtado en categoría masculina e a olímpica Vanessa Veiga na feminina resultaron vencedores dunha proba que contaba con 628 atletas inscritos.
Hurtado parou o cronómetro en 1 hora, 8 minutos e 50 segundos, un menos que o segundo clasificado, o atleta da Gimnástica Robertas Geralavicius. Terceiro foi Hassan Lekhili (1:09:10).
En categoría feminina a máis rápida foi Veiga cun tempo de 1:17:54, seguida de Leticia Fernández (1:21:05) e a venezolana Joselyn Brea (1:23:12).
A organización, despois da positiva imaxe da carreira, garante a continuidade do Maralba Running Fest, aínda que en 2015 se intercambiará a orde de saída e chegada, dende Cambados ao Grove.
Relacionadas:
-
O medio maratón Maralba cambia Cambados por Sanxenxo
Por Redacción |
-
628 inscritos para a primeira edición do Maralba Running Fest
Por Redacción |
-
Vanessa Veiga e Manuel Hurtado, principais figuras do primeiro medio maratón Maralba
Por Diego Espiño |
-
Un reto solidario completa o medio maratón Maralba entre O Grove e Cambados
Por Redacción |