Preto de 600 piragüistas cítanse no Pontillón do Castro
Por Redacción
O encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, volverá ser este sábado o centro do piragüismo autonómico coa disputa, desde as 9:00 horas, do Campionato Galego de Embarcacións de Equipo.
Trátase da segunda xornada da Liga Galega das categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Veterano, na que participarán un total de 578 padexeiros de 30 clubs da Comunidade.
A regata disputarase sobre un percorrido de 5.000 metros nas embarcacións dobres de K-2 e C-2.
Os equipos que máis piraguas achegan son o Club As Torres con 23 seguido do Club Naval de Pontevedra con 19, nunha xornada na que o Kayak Tudense e o Breogán do Grove tentarán defender os seus respectivos liderados nas categorías masculina e feminina.