ENCE converterase no patrocinador principal do Teucro
Por Diego Espiño
Despois de case un ano de negociacións, o Teucro chegou a un principio de acordo con ENCE para que sexa o patrocinador principal do equipo durante a próxima tempada.
O acordo, que se asinará nos próximos días segundo recoñeceron ambas as partes, supón unha "contía importante" para as maltreitas arcas da entidade deportiva, e non se verá afectado se o primeiro equipo termina perdendo a categoría.
Esta achega económica situará o emblema de ENCE no frontal das camisetas azuis do Teucro, pero non afectará o nome do equipo, como xa ocorreu unha década atrás.
A empresa pasteira, a través dun comunicado, expresou a súa satisfacción por "volver colaborar coa Sociedad Deportiva Teucro" esperando que o seu apoio sirva para "devolver ao club ao lugar que lle corresponde no balonmán español".
O acordo de patrocinio asinarase inicialmente cunha sóla tempada de vixencia.
Relacionadas:
-
O Teucro agárrase á Asobal e esixirá o descenso do Guadalajara por unha débeda
Por Diego Espiño |
-
Final cruel para o Teucro, que consuma en Cangas o seu descenso (26-26)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Primeiro 'match ball' para o Teucro en Cangas
Por Diego Espiño |
-
Anaitasuna derrota o Teucro (33-29) e deixa a permanencia azul case imposible
Por Redacción |