O Pontevedra ofrece a renovación a Company e Jandrín
Por Diego Espiño
Primeiros movementos no Pontevedra Club de Fútbol para a composición do equipo da próxima tempada.
O responsable deportivo, Roberto Feáns, e o adestrador do equipo, Luisito, mantiveron este xoves os primeiros contactos cos futbolistas do primeiro plantel.
Hugo Rodríguez e Bello non seguirán a próxima tempada
O resultado das primeiras conversasé o que o club ofreceu a renovación a Jandrín e a Vicente Company. O primeiro deles chegou o pasado verán procedente do Avilés, sendo durante grande parte da liga uno dos homes habituais nas aliñacións, mentres o gardameta, que se incorporou no mercado invernal, convenceu ao corpo técnico nos adestramentos e nos minutos que actuou no tramo final da comeptición.
Tras coñecer os plans do club ambos os futbolistas comprometéronse a dar unha resposta nos próximos días.
Pola contra, no capítulo de baixas o Pontevedra comunicou a dous xogadores que non conta con eles na planificación do novo plantel. Trátase de Hugo Rodríguez e Antonio Bello, ambos os reforzos invernais e que contaron con protagonismo na segunda volta de competición.