O Céltiga golea ao Portonovo e ascende a Terceira División
Por Redacción
Pola porta grande regresa o Céltiga á Terceira División, despois de golear en Baltar a un Portonovo que xa estaba salvado (1-7).
O encontro foi máis disputado do que reflicte o marcador nunha primeira metade na que os locais deron batalla, igualando á media hora cun gol de Nacho o tanto inicial de Ramón para o Céltiga.
Os da Illa, que tiñan o ascenso no peto a falta de asegurar o average co Porriño, non se conformaron co empate e empezaron a desnivelar o choque antes do descanso cun gol de Machu.
Na segunda metade o Céltiga xa non tivo rival e celebrou o ascenso cunha ampla goleada adornada nos minutos finais.
A xornada era menos transcendente para o resto de equipos da comarca, que despediron a liga con resultados positivos.
O Villalonga redondeou a súa tempada gañando a domicilio (0-2) ao Cultural Areas, o Sanxenxo impúxose tamén fóra de casa ao Estradense (1-2) e o Unión Grove empatou na casa (1-1) ante o Valladares.
Relacionadas:
-
O Villalonga asegura a continuidade do bloque no seu retorno a Terceira División
Por Redacción |
-
Adeus á Preferente: o Marcón cae ante o Alertanavia (0-1) e consuma o seu descenso
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Céltiga roza cos dedos o ascenso e Portonovo e Sanxenxo selan a permanencia
Por Redacción |