Pontevedra, cidade de 'gladiadores'
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Muros de madeira, ramplas interminables, tobogáns, barro ou colectores de xeo. Foron algúns dos obstáculos que tiveron que afrontar os preto de 2.500 aventureiros que participaron este sábado na segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra.
A contorna da Illa dás Esculturas gozou dunha xornada diferente, na que o esforzo individual mesturábase co compañeirismo entre participantes e sobre todo co bo ambiente e a diversión.
Desde as 10:00 horas da mañá e ata ben entrada a tarde os participantes foron saíndo en quendas para afrontar o percorrido, de diferente lonxitude e dificultade en función da categoría escollida.
A máis multitudinaria foi a bautizada como 'Warrior', con 11,5 quilómetros de percorrido e ata 33 obtáculos na que o máis rápido en completar o percorrido foi Cástor Salgado cun tempo de 41 minutos e 42 segundos na categoría masculina e Alice Finot na feminina (consulta aquí a clasificación completa).
Pola súa banda os máis rápido na categoría 'Rocket', con 6 quilómetros e 21 obtáculos, foron Javier López e Verónica Noya (aquí as clasificacións)
A proba contou tamén cunha modalidade adaptada para os máis pequenos, a Gladiator Kids.
Relacionadas:
-
A Gladiator Race promete "novas experiencias" para a súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.000 inscritos para a terceira edición da Gladiator Race a mes e medio para a súa celebración
Por Redacción |
-
Apertura de inscricións para a III Gladiator Race e para a I Urban Trail Night de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Gladiator Race de Pontevedra terá terceira edición en xuño de 2017
Por Redacción |
-
'Gladiadores' da BRILAT e campións do Mundo por equipos
Por Redacción |
-
Os terreos de Tafisa e o Miradoiro de Monte Porreiro, novos espazos para a Gladiator Race
Por Redacción |
-
Máis de 2.300 inscritos para a segunda edición da Gladiator Race
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |