Javi Bonilla é o elixido para substituír a Ramón Verdú no lateral esquerdo do Pontevedra
Por Ramiro Espiño
O Pontevedra atopou substituto de Ramón Verdú para ocupar a demarcación de lateral esquerdo da súa defensa. Trátase de Javi Bonilla, xogador que procede do conxunto vasco CD Leioa, equipo que salvou a categoría en Segunda B na tempada pasada impoñéndose na eliminatoria de permanencia ao CD Olimpic de Xátiva.
Soriano de nacemento, Javi Bonilla ten 25 anos de idade e mide 1,79 metros. Formado no Numancia, despois de actuar no filial soriano e tras un breve paso polo primeiro equipo, marchouse a Grecia para xogar no AP Aiginiakos unha tempada, regresando a España ao fichar polo CD Leioa a comezos da pasada tempada.
Co equipo vasco, Javi Bonilla, que pode actuar de lateral ou tamén por diante da defensa, xogou un total de 35 partidos, dous deles correspondentes á promoción de permanencia, conseguindo dous goles.
Agora asina polo Pontevedra por unha tempada, constituíndo a segunda fichaxe granate tras a de David Añón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra confirma o regreso de Gonzalo
Por Redacción |
-
Álex González, reforzo para a banda esquerda do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
David Añón, primeira fichaxe do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Luisito, en PontevedraViva Radio: "Las bajas de Pedro García y Anxo me partieron el alma"
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián Mouriño, Álex Fernández e Jacobo selan a súa continuidade por un ano máis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Edu Sousa e Adrián Gómez renovan por unha tempada
Por Diego Espiño |
-
Verdú causa baixa e Capi renova co Pontevedra
Por Diego Espiño |