Edu Sousa e Adrián Gómez renovan por unha tempada
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol 2016/2017 empeza a tomar forma. Se ata agora Capi era o único futbolista que aceptara a oferta de renovación presentada polos responsables deportivos, este martes o club confirmou o acordo de continuidade con dous dos xogadores con máis peso do vestiario.
Trátase do gardameta Edu Sousa e do defensor e capitán do equipo Adrián Gómez, que cumprirán así a súa quinta campaña en Pasarón.
Ambos os futbolistas comprométense a continuar unha tempada máis. O Pontevedra ofreceulles a renovación a pasada semana, do mesmo xeito que a un bo número de xogadores, pero Edu e Adrián tomáronse varios días para valorar a proposta, xa que especialmente no caso do gardameta existían discrepacias económicas que finalmente se arranxaron.
Agora, os responsables da entidade granate esperan coñecer nos próximos días a resposta do resto de integrantes do primeiro plantel aos que se lles ofreceu continuar, xa que a intención do club é deixar pechado o capítulo de renovacións esta mesma semana para centrarse no mercado de fichaxes.
Por agora, ademais dos renovados Capi, Edu e Adrián, teñen contrato en vigor para a próxima campaña Kevin Presa, Tomás e Miki, que regresa da súa cesión en Bouzas. Pola contra non continuarán defendendo a elástica granate Hugo, Bello, Pedro García, Anxo, Carnero, Pablo González, Verdú e Álvaro Queijeiro.
Relacionadas:
-
O Pontevedra reforza a súa zaga coa fichaxe do central Dani Portela
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Bonilla é o elixido para substituír a Ramón Verdú no lateral esquerdo do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
David Añón, primeira fichaxe do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Luisito, en PontevedraViva Radio: "Las bajas de Pedro García y Anxo me partieron el alma"
Por Alejandro Espiño |
-
Adrián Mouriño, Álex Fernández e Jacobo selan a súa continuidade por un ano máis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Compás de espera nas renovacións
Por Diego Espiño |
-
Verdú causa baixa e Capi renova co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xornada de baixas no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ofrece a renovación a Company e Jandrín
Por Diego Espiño |