O lateral Saúl Campo, terceiro reforzo do Teucro
Por Redacción
Aos poucos o Teucro vai esfollando a margarida e dando a coñecer ás súas novas incorporacións, coas que espera pelexar para volver á máxima categoría do balonmán nacional.
Os azuis confirmaron este xoves a súa terceira fichaxe. Trátase do lateral dereito Saúl Campo, xogador de só 22 anos pero con experiencia na Liga Asobal, na que competiu a pasada campaña co Go Fit Sinfín cántabro tras ascender con eles en 2015.
Zamorano de nacemento, Saúl formouse nas categorías inferiores do Teka Cantabria antes de asinar, con 14 anos, polo BM Granollers, club no que permaneceu ata 2013.
"Terá que adestrar duro e mellorar en moitos aspectos pero creo que ten grandes calidades. Ademais ao ser zurdo achegaranos cousas que non tiñamos ata agora na nosa primeira liña", sinalou o seu novo adestrador, Quique Domínguez.
Relacionadas:
-
Ángel Iglesias, extremo dereito, novo xogador do Octavio que recala na SD Teucro
Por Redacción |
-
O porteiro Javi Santana regresa á SD Teucro dez anos despois
Por Redacción |
-
O Teucro 'pesca' de novo no Octavio e pecha a fichaxe do pivote Juan Quintas
Por Redacción |
-
Experiencia para a portería do Teucro, que pecha a fichaxe de Lloria
Por Diego Espiño |
-
O central Borja Méndez, primeira fichaxe do Teucro para a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |
-
Amérigo, Delgado, Piriz, Balenciaga e Carró deixan o Teucro; Dani Hernández, renovado
Por Alejandro Espiño |