Os atletas da Gimnástica acoden o Nacional Promesa coas medallas en mente
Por Redacción
Toledo acolle esta fin de semana o primeiro dos campionatos de España individuais da tempada estival de atletismo, o de categoría Promesa (Sub-23), e alí estará ben representada a Sociedad Gimnástica.
O club pontevedrés acode á cita con seis dos seus atletas e faino con aspiracións de podio en polo menos dúas probas.
Atendendo á relación de atletas inscritos, a mellor opción de medalla para a Gimnástica estará nos 800 metros con Alberto Guerrero, que este ano acredita 1.47.20. Correrá as semifinais o sábado coa esperanza de estar na final do domingo e loitar polos postos de honra.
Pola súa banda Sergio Paredes e Manuel Castellanos, ambos os dous medallistas o ano pasado no nacional Junior, téñeno máis complicado esta vez co cambio de categoría, pero Castellanos chega á cita coa terceira mellor marca en martelo entre os inscritos (64,21 metros), mentres Paredes acredita 54 metros esta tempada.
Nos 100 metros Gonzalo Sánchez-Camacho compite en Toledo coa sétima mellor marca entre os participantes, do mesmo xeito que Ricardo Gayá no triplo salto, mentres Roberto Tello atópase no furgón de cola da súa proba, os 400 valos, tras lograr a marca mínima hai só unha semana.