Xornada de boas marcas no Memorial Celso Mariño
Por Mónica Patxot
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu este mércores o XXIII Trofeo Cidade de Pontevedra, XIX Memorial Celso Mariño, organizado pola Sociedad Gimnástica.
Unha xornada atlética marcada pola calor reinante pero tamén polas boas marcas dos atletas.
Entre elas destaca a conseguida pola remuda 4x100 junior do Celta, que rebaixou o record galego ata situalo en 47.98 segundos (o anterior era 49.25).
Tamén os atletas locais aproveitaron para mellorar a súa posta a punto e lograron algunha marca destacada, como Víctor Gallego superando os 50 metros no lanzamento de disco.
Máis de 200 atletas déronse cita na competición, tomando parte nalgunha das 17 probas programadas.