O baloncesto pontevedrés presume de canteira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra é protagonista estes días grazas á segunda edición de se Campus Urbano Multideporte.
Destinado a nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos, o club pontevedrés pretende con esta actividada promocionar o baloncesto nos máis pequenos, á vez que ofrecen unha alternativa de lecer durante as vacacións estivais.
Os adestramentos, nos que se traballan aspectos de coordinación, motores e técnicos, compleméntanse con diversas actividades lúdicas, tendo como centro operativo o pavillón da Xunqueira I.
Esta semana o club pontevedrés recibiu á segunda quenda de deportistas inscritos no campus, pero aínda haberá un terceiro turno entre o 1 e o 6 de agosto.
Ademais dos adestradores do club, os xóvenes xogadores puideron gozar dos consellos e experiencias de Ana Román, pívot do Club Baloncesto Arxil da Liga Feminina 2 e integrante da Selección Venezolana.