Axuda municipal para o reto de 'Ouro' do Peixe Galego
Por Redacción
Xornadas de intenso traballo nos despachos para o Peixe Galego. O club marinense ten dúas grandes frontes abertos este verán, lograr os recursos económicos que garantan a súa viabilidade en LEB Ouro e a composición dun plantel que ata agora só ten un xogador confirmado, Manu Ferreiro.
A nivel económico, coas campañas de socios e abonados funcionando e as negociacións con empresas abertas, o Peixe recibiu estes días un importante respaldo municipal.
O Concello de Marín comprometeu unha subvención nominativa de 15.000 euros "para sufragar os gastos da súa actividade" na segunda categoría do baloncesto nacional.
Asinado esta semana, o convenio de colaboración é unha pequena parte dos fondos necesarios para afrontar o pago da inscrición en LEB Ouro.
En canto á planificación deportiva a directiva 'peixe' espera confirmar máis renovacións durante os próximos días mentres sonda o mercado en busca reforzos.