Gómez Noya renuncia tamén ás Series Mundiais de Hamburgo pensando en Río
Por Redacción
Javi Gómez Noya tampouco estará na cita das Series Mundiais en Hamburgo, prevista para esta fin de semana. O triatleta galego renunciou a participar en Alemaña no que podía ser o último test de nivel antes dos Xogos Olímpicos.
Precisamente, a recta final da preparación para Río de Janeiro é o que motiva a ausencia de Gómez Noya na cita, na que si estarán algúns dos seus rivais na loita polo ouro olímpico, como os españois Mario Mola e Fernando Alarza. Polo contrario outros, como os irmáns Brownlee ou o francés Vincent Luís tamén causan baixa pola mesma circunstancia.
No caso do pentacampión mundial, que este ano só competiu nunha proba das Series Mundiais (Leeds), apostou por avanzar na súa posta a punto na concentración que está a realizar en Lugo xunto a outros triatletas de nivel como Iván Raña.
Durante a presente tempada, enfocada na súa totalidade en tentar conseguir o ouro olímpico, Gómez Noya só participou nunha proba do Grand Prix francés, nas Series Mundiais de Leeds e no Campionato de Europa en Lisboa, no que conseguiu o se cuarto título continental.
Relacionadas:
-
Gómez Noya rompe un brazo adestrando e pérdese os Xogos Olímpicos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os Brownlee amargan o regreso de Gómez Noya ás Series Mundiais, cuarto en Leeds
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Gómez Noya triunfa en Lisboa e gaña o seu cuarto título europeo
Por Redacción |