Buscando novas 'perlas' para a canteira
Por Mónica Patxot
O Estadio Municipal de Pasarón encheuse este mércores de ilusión, a dos máis novos futbolistas que queren algún día triunfar nun estadio como o pontevedrés.
O Pontevedra iniciou as dúas xornadas de captación de futbolistas previstas para os seus equipos de base, coas que pretende atopar á nova 'perla' da canteira.
As probas dirixíronse a nenos nados entre os anos 2005 e 2012.
INICIO DA CAMPAÑA DE SOCIOS
Desde esta semana nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón pódense retirar xa os abonos para a próxima tempada.
O club granate móstrase satisfeito co número de afeccionados que pasaron polo estadio no inicio da campaña, xa que co abono poderase presenciar o primeiro partido en casa do período de preparación, o do próximo domingo 31 de xullo (20:00 horas) ante o Real Valladolid.
Relacionadas:
-
Quenda para os primeiros amigables e á espera dos dianteiros
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra comezará a liga en Guijuelo
Por Redacción |
-
75 anos #latexandoporti, o Pontevedra mantén prezos na súa nova campaña de abonados
Por Diego Espiño |
-
Seis partidos confirmados para a pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
Ilusión e moitas caras novas no primeiro día de traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |