16 anos de aposta polo tríatlon
Por Diego Espiño
O vindeiro sábado 27 de agosto Pontevedra volverá gozar da emoción do tríatlon coa XVI edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra.
A proba, convertida en Campionato Galego Absoluto, contará ademais cunha carreira popular, outra de categorías inferiores e un test de Susana Rodríguez antes de afrontar os Xogos Paralímpicos.
O circuíto, en distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé), terá como é habitual o seu centro neurálxico na contorna de ponte dos Tirantes, cun circuíto de ciclismo que trasncurrirá pola zona campus e Avenida de Compostela e un tramo a pé que subirá ata Monte Porreiro.
A actividade iniciarase co Nada e Corre, circuíto non competitivo impulsado pola federación Galega de Tríatlon para as categorías benxamín e alevín, ás 15:15 horas.
Despois será quenda da competición popular minisprint (300 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira) ás 15:30, e a de distancia sprint ás 16:30.
Susana Alonso realizará o seu test olímpico ás 17:30 horas, mentres o Campionato Galego Feminino dará a súa saída ás 18:10 horas e o masculino ás 19:10 da tarde.
Relacionadas:
-
Inés Santiago e Antonio Serrat proclámanse en Pontevedra campións galegos de tríatlon
Por Diego Torrado |
-
Alta inscrición no XVI Tríatlon Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cortes de tráfico a partir deste venres con motivo do Cidade de Pontevedra de Tríatlon
Por Redacción |
-
Espectacular peche de festa do tríatlon co Campionato de España por Remudas
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Que viva o tríatlon!
Por Diego Espiño & Diego Torrado |