Os equipos do Leis traballan xa a pleno rendemento
Por Redacción
Os principais equipos do Leis Pontevedra preparan xa a que será unha nova tempada deportiva.
Nos últimos días o equipo masculino de Segunda División B e o feminino de Segunda División iniciaron os adestramentos de pretemporada coa vista posta no inicio das competicións oficiais.
O conxunto masculino, adestrado un ano máis por Manu Cossío, aposta pola continuidade do bloque que a pasada campaña pelexou na parte alta da táboa, aínda que con pequenos cambios como a baixa de Raúl Jiménez, novo adestrador do cadro feminino de Leis.
No apartado de altas Víctor Méndez volve ao club pontevedrés, procedente do Bueu, mentres o gardameta Fiou incorpórase desde o Bembrive vigués. A pesar diso o plantel, asegura o club, "non está pechado".
Pola súa banda Raúl Jiménez xa dirixe ao equipo feminino, que busca dar un paso adiante na categoría e evitar os apuros que se pasaron os últimos anos para evitar o descenso.