Chegar e bicar o santo: Mateu Ferrer consegue o gol do empate do Pontevedra en Guijuelo (1-1)
Por Redacción
SERVIZO ESPECIAL PARA PONTEVEDRAVIVA: Sergio Villardón www.salamanca24horas.com
Sempre é bo comezar puntuando. O Pontevedra fíxoo nun dos campos máis complicados da categoría, cun fútbol serio, sen concesións, e no que tiveron a fortuna do seu lado, pero souberon reaccionar tamén á adversidade, e mesmo puideron levar a vitoria nos minutos finais.
Os salmantinos adiantáronse cun gol de Pino, pero Mateu Ferrer conseguiu o empate pouco despois, practicamente no primeiro balón que tocaba tras entrar no campo. Jonxa Vidal e Álvaro Pérez enviaron dous lanzamentos ao traveseiro da portería de Edu, nun partido igualado, con moita disputa pero pouco fútbol.
Os chacineros saltaron cun xogo alegre ao campo. Jonxa Vidal foi o máis activo no tramo inicial. Aos seis minutos, Edu sacoulle un disparo desde unha posición escorada e dous minutos despois un remate de cabeza do vasco tocouno o meta visitante e estrelouse no traveseiro.
Ata a metade da primeira parte non apareceu o Pontevedra en ataque. Fíxoo cunha volea de Álex Fernández, que despexou Kike Royo. Os chacineros buscaban romper a igualdade coas galopadas de Granell desde a esquerda.
Xusto antes do descanso, o Guijuelo topouse outra vez co poste. Tras un saque de esquina, a pelota paséase pola área galega e o central Álvaro Pérez rebéntaa contra o traveseiro.
Nada máis comezar a segunda metade, unha boa presión do Guijuelo fixo que o Pontevedra fallase na súa saída de balón. Pino rouba, plántase ante Edu e báteo por alto.
Pero os visitantes responderon rápido. O dianteiro Mateu Ferrer, que facía pouco incorporárase ao xogo, recibo un bo pase de David Añón, intérnase na área e supera de disparo cruzado a Kike Royo.
Cinco minutos despois, os visitantes puideron poñerse por diante cun remate de cabeza á saída dun córner, pero o remate perdeuse sen consecuencias.
A falta de dez minutos, o público local pediu penalti sobre Gordillo. O canario picou unha pelota que chegaba con moita altura, bailou sobre o balón e caeu ante o acoso dun rival. O árbitro non estimou falta, para enfado da afección chacinera.
CD GUIJUELO (1): Kike Royo; Raúl Ruiz, Aitor Aspas, Álvaro Pérez, Jonathan, Carles Marc, Gordillo, Jonxa Vidal (Jorge Juliá, minuto 72), Dimas (Carmona, minuto 80), Granell (Luque, minuto 84) e Antonio Pino.
PONTEVEDRA CF (1): Edu; Miguel Loureiro, Bonilla, Jacobo Trigo, Portela, Kevin Presa, Álex González, Álex Fernández (Mateu Ferrer, minuto 50), David Añón, Abel (Capi, minuto 81) e Jacobo (Mouriño, minuto 70).
Árbitro: Manuel García Gómez (Estremadura), auxiliado nas bandas por Fernando Miranda Núñez e Manuel Ángel Olivera Vázquez. Amoestou a Aitor Aspas e Granell, polo Guijuelo, e a David Añón, polo Pontevedra.
Goles: (1-0) Minuto 50. Antonio Piñeiro. (1-1) Minuto 57: Mateu Ferrer.
Incidencias: Campo Municipal (Guijuelo). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Sufrir para terminar goleando: O Pontevedra supera con claridade ao Mutilvera en cinco minutos de inspiración (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Evitar caer na trampa do Mutilvera, obxectivo do Pontevedra na súa estrea en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Resumo do partido Guijuelo - Pontevedra C.F. (1-1)
Por Redacción |
-
Guijuelo, punto de partida para a tempada granate
Por Diego Espiño |
-
Kevin Presa "se queda en el Pontevedra" tras renovar o seu contrato para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
O xeonllo de Iker Alegre, principal preocupación ante o debut ligueiro en Guijuelo
Por Diego Espiño |