O Poio Pescamar, a confirmar en Leganés o seu bo inicio de liga
Por Redacción
Segundo desprazamento da tempada o Poio Pescamar, que quere referendar na cancha do recentemente ascendido Leganés o seu bo inicio ligueiro, con triunfo na primeira xornada en Pamplona e empate na casa unha semana despois.
A pesar da confianza coa que viaxan, o equipo vermello non se fía do cadro madrileño, que aínda non gañou pero que demostrou nas dúas primeiras xornadas ser un conxunto difícil de bater, con senllos empates ante Rubí e Rioja FSF.
Marcio Santos poderá contar co plantel ao completo para o encontro, polo que a convocatoria compóñena: Silvia, Sara, Charo, Jenny, Jessi, Suki, Patri Corral, Carol, Jessy Lores, Ceci e Ale de Paz.
Tampouco conta con baixas o Leganés para un partido que se disputará este sábado (18:00 horas), no Pabellón La Fortuna da localidade madrileña.