Derrota en Avilés dun Arxil negado en ataque (57-47)
Por Redacción
Asinar unha pobre porcentaxe do 28% de acerto en tiros de campo, con 0/16 en triplas é demasiada laxa mesmo para un Arxil que mantivo en Avilés un bo nivel defensivo.
O equipo pontevedrés, negado ante o aro rival, encaixou a súa primeira derrota da tempada ante o ADBA (57-47).
As locais aproveitaron a situación para dominar o encontro desde o inicio, co Arxil a remolque. Así colleron 8 puntos de renda no primeiro cuarto (18-10) e chegaron cunha cómoda renda ao descanso (32-23).
As verdes non desconectaron e aínda que non lles saían as cousas seguírono tentando ata que un bo inicio do último cuarto metíaas de novo no partido.
Con todo o ADBA mantivo a calma e aproveitou os lanzamentos de persoal para sentenciar.
Consulta aquí as estatísticas do partido.