O cambio de data non desanima á organización da XVII Subida á Escusa
Por Diego Espiño
"Problemas administrativos" obrigaron no seu momento para aprazar a tradicional Subida á Escusa, pero iso non acabou cos ánimos da escuadra Buxa Motor, organizadora da proba que agora se vai a celebrar os días 29 e 30 de outubro.
Na presentación da edición XVII da cita automobilística, celebrada este xoves, Buxa Motor confirmou que o único cambio que se discutirá con equipos e pilotos na reunión técnica é pasar ao domingo unha das mangas de competición previstas inicialmente para o sábado, debido á previsible falta de luz. Desta forma os pilotos completarían dúas pasadas o sábado e catro o domingo.
Será a última carreira do Campionato Galego de Montaña, que chega decidido en favor de Alexis Viéitez, piloto da escuadra local que ve nesta subida "una de las mejores del campeonato", polo que lle gustaría "terminar la temporada ganando una carrera".
A presidenta de Buxa Motor, Noemí Blas, aproveitou a presentación para "pedir ao público que se poña en zonas altas e respeten os sinais da organización" para asegurar a seguridade durante a competición.
Ademais desde o Concello a concelleira de Deportes, Marga Caldas, sinalou que "se tomarán medidas para tentar causar as menores molestias" aos veciños da zona, aos que pediu "comprensión" ao tratarse de "un evento moi importante" para o municipio.
Inicialmente, a falta de que se confirme na reunión técnica á carreira, a competición arrincará ás 14:00 horas do sábado 29 coa primeira manga oficial, mentres o domingo o horario de comezo fixouse nas 9:30 hras da mañá.
Relacionadas:
-
Jesús Pombo leva unha vibrante Subida á Escusa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Emoción máxima na XVII Subida á Escusa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Escusa, preparada para vibrar un ano máis coa súa subida automobilística
Por Redacción |
-
"Problemas administrativos" obrigan a aprazar a Subida a Escusa
Por Diego Espiño |
-
Alexis Viéitez, vencedor da I Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Alexis Viéitez confirma o seu triunfo na XIX Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |