O Peixe Galego cede nos minutos finais tras un apertado partido ante o Araberri (82-71)
Por Redacción
O duelo de recentemente ascendidos á liga LEB Ouro quedou no País Vasco, na cancha do Araberri, tras decantarse en favor dos locais nos últimos minutos (82-71).
O Peixe Galego sufriu para aguantar o ritmo local e foi sempre a remolque, pero chegou a colocarse a un só punto (63-62) mediado o último cuarto, momento no que o maior acerto do Araberri resultou clave.
Antes os locais dominaran o primeiro cuarto (21-17) e o segundo para conseguir unha vantaxe cosiderable ao descanso (43-34).
Pero se algo caracteriza ao Peixe Galego de Javi Llorente é a capacidade para seguir pelexando, e así reduciron distancias no terceiro parcial e chegaron a pensar na remontada antes do arreón final do Araberri que lles deixou co mel nos beizos.
Tim Derksen volveu estar a gran nivel en ataque, con 24 puntos, ben secundado por Jason Cain que achegou 22 puntos. Con todo nesta ocasión non apareceron o resto de pesos pesados do plantel e o equipo resentiuse nos momentos importantes.
Relacionadas:
-
Inoportuna infesta de lesións no Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego acode de novo ao mercado norteamericano para reforzar o seu plantel
Por Redacción |
-
O Barcelona B non dá opción ao Peixe Galego (67-79)
Por Redacción |
-
Primeira derrota do Peixegalego na casa tras caer (65-78) ante o Palma Air Europa
Por Redacción |
-
Agónico triunfo tras dúas prórrogas do Peixe Galego en Huesca (102-105)
Por Redacción |