Derrota axustada do Poio Pescamar na cancha do Gironella (2-1)
Por Redacción
Tres xornadas sen gañar encandena o Poio Pescamar tras o seu gran inicio de liga, ao caer nun intenso e igualado duelo ante o Gironella (2-1).
As vermellas acertaron á primeira, e cun gol de Jenny aos dous minutos puxéronse en vantaxe. Pero a alegría durou pouco e Pilar aos catro minutos poñía de novo as táboas.
As futbolistas adestradas por Marcio Santos tentaron entón facerse co control do partido, aínda que o choque seguía aberto ata que aos 15 minutos, nunha xogada ensaiada, as barcelonesas facían o 2-1 poe medio de Sandra.
Na segunda metade o Poio tentou aumentar a presión na busca da remontada, pero o gol non chegaba. Tentouno Marcio co xogo de cinco a falta de tres minutos, pero nin con esas conseguiu o equipo pontevedrés un merecido punto pechándose o partido con derrota pola mínima.
O Poio Pescamar é agora oitavo na clasificación da Primeira División Feminina de fútbol sala con 11 puntos.
GIRONELLA (2): Raquel; Pilar, Sandra, Celia, Berta Velasco -cinco inicial- Helena Roig, Julia Vidal, Zoe, Berta Ramos, Marta.
POIO PESCAMAR (1): Silvia; Jessi Lores, Jenny, Ceci, Charo -cinco inicial- Ale de Paz, Carolina, Jessy, Patri Corral, Suki.
Goles: 0-1 Jenny (min.2), 1-1 Pilar (min.4), 2-1 Sandra (min.15).
Incidencias: Partido de liga disputado no pavillón Les Moreres de Gironella.
Relacionadas:
-
Cidade de As Burgas supera en acerto rematador ao Poio Pescamar (3-1)
Por Redacción |
-
Gran vitoria dun sólido Poio Pescamar ante Burela Pescados Rubén (2-0)
Por Redacción |
-
Comeza a fase de competición máis esixente para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar volve á realidade ligueira en Gironella
Por Redacción |
-
Poio arroupa a España na súa primeira vitoria (5-3) ante Portugal en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Demasiado respecto entre Poio Pescamar e Roldán (2-2)
Por Redacción |