Portonovo, Sanxenxo e Unión Grove miran á zona baixa
Por Redacción
Dura derrota do Xuventú Sanxenxo na casa ante o Arenteiro (0-2), nun duelo no que mereceu mellor sorte e que terminño decidíndose entre outras cousas pola dobre inferioridade numérica coa que concluíu o partido.
Despois dunha primeira metade de igualdade, no segundo tempo a expulsión de Josiño por vermella directa no minuto 67 cambiouno todo. Só un minuto despois adiantouse o Arenteiro, e cando os amarelos buscaban a igualada chegou tamén a segunda amarela a Cristóbal que terminaba coas súas esperanzas.
Só quedou tempo para a sentenza visitante. Unha derrota, a cuarta consecutiva que deixa ao Sanxenxo décimo cuarto con 11 puntos.
Consulta o acta do Xuventú Sanxenxo-Arenteiro.
O Portonovo conseguiu sacar un punto da súa visita ao campo do San Ciprián (0-0).
Os de Borja Burgos, a pesar dos intentos, non conseguiron bater a meta local e encadean tamén o seu cuarto partido sen gañar en liga.
O empate deixa aos arlequinados undécimos con 11 puntos.
Consulta o acta do San Ciprián-Portonovo.
Non deu opcións o Porriño Industrial a un Unión Grove que se asoma ao abismo (3-1).
O cadro meco viuse claramente superado polo seu rival, e só logrou recortar distancias cando xa caía por tres goles, nos últimos 10 minutos, por medio de Martín. Antes, na primeira metade, unha pena máxima comezou a desnivelar a balanza.
O Unión Grove marcha na decimoséptima posición con 9 puntos.