O Portonovo cede un empate en inferioridade e Sanxenxo e Unión Grove caen derrotados
Por Redacción
Tiña todo a favor o Portonovo para conseguir unha vitoria revitalizadora en Baltar ante o Erizana, pero a expulsión de Marcos Blanco cando faltaba máis de media hora para o final cambiou o panorama.
O cadro arlequinado adiantouse aos 3 minutos por medio de Félix Aguín, pero un gol en propia meta na siguientre xogada devolvía as táboas.
Xa na segunda metade os locais volvían tomar vantaxe aos 55 minutos grazas a Javi Prol. Pouco despois chegaría a expulsión do seu compañeiro. Defendeuse o Portonovo con uñas e dentes durante máis de media hora, pero cando faltaban dous minutos para chegar ao 90 o Erizana lograba a igualada.
Con este empate os de Borja Burgos son agora duodécimos con 10 puntos.
Consulta aquí o acta do Portonovo-Erizana.
O que non levanta cabeza é o Xuventú Sanxenxo, que sumou a súa sexta xornada sen gañar ao perder na casa do Estradense (3-1).
Diego igualou antes do descanso o gol inicial dos locais, que con todo cederon na segunda metade cun gol en propia meta de Cristóbal e a sentenza, xa nos últimos minutos cando os amarelos buscaban o empate.
O Sanxenxo queda na undécima pocisión con 11 puntos.
Consulta aquí o acta do Estradense-Xuventú Sanxenxo.
Tamén perdeu, no seu caso no seu propio campo, o Unión Grove, ao verse sorprendido polo San Ciprián (2-3).
Diego Blanco contrarrestou o gol que conseguiran os visitantes ao principio do choque, pero antes do descanso o cadro meeco viuse superado chegando ao intermedio con resultado de 1-3.
Na segunda metade o Grove mellorou e Pablo González, a falta de 10 minutos, apertaba o marcador, pero a pesar dos esforzos locais non conseguiron polo menos rescatar un punto.
O Unión Grove é agora décimo sexto na Preferente con 9 puntos.
Consulta aquí o acta do Unión Grove-San Ciprián.